venres, 11 de decembro de 2015

Actividade 9

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE9.
Os conceptos están definidos nas páxinas 49 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

  • (0.75 puntos) Módems (ADSL,cable e USB). Busca unha imaxe de cada un na rede. 

 Os módems son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha linea analóxica ou dixital . A palabra "módem" provén dos termos Modular-DEModular e a súa misión consiste en converter o sinal dixital do computador en analóxica e viceversa.
En función da tecnoloxía utilizada para transmitir a información distínguense varios tipos :
-Módem ADSL : Utiliza o fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade . Esta tecnoloxía denomínase asimétrica debido a que a capacidade de descarga ( desde a rede ata o usuario) e a capacidade de subida de datos ( en sentido inverso Ç) non coinciden. A tecnoloxía que se emprega , ADSL2 , ADSL+2 ou VDSL , proporcionan gran ancho de banda que permite integrar na mesma liña voz , datos , vídeo e televisión de alta calidade , por ou que é unha das mismaas utilizadas.
 -Cable módem : Deseñado para modular o sinal de datos sobre unha infraestrutura de conexión por cable . Utilízase xeralmente para acceder a servizos de televisión por cable que , adicionalmente , proporcionan acceso a Internet de banda ancha 



 -Módem USB : Utiliza a banda ancga móbil para obter Internet en calquera lugar e momento , siemore que se dispoña de cobertura . Ofrece diferentes velocidades en función do tipo de conexión , GPRS , 3G ou 4G . Os teléfonos intelixentes pódense configurar como módem co que conectar outros dispositivos inalámbricamente.



  • (0.75 puntos) Router. Busca unha imaxe na rede. 

 Un router é un dispositivo que permite interconectar diferentes redes informáticas , seleccionando a ruta de comunicacion mñas adecuada para o envío de datos. A maioría de routers tamén inclúen un módem coa tecnoloxía adecuada para a conexión a Internet.

 
  • (0.5 puntos) Dispositivo PLC. Busca unha imaxe na rede. 

 A tecnoloxía PLC (Power Line Communications ) utiliza a liña eléctrica convencional para a transmisión de datos . Os dispositivos PLC teñen unha función similar á dun módem , aínda que neste caso utilizan a rede eléctrica para a transmisiónb de datos . O seu uso permite , entre outras cousas , o acceso Internet mediante banda ancha , a transmisión de vídeo de alta definición e o uso de telefonía IP.


 

  • (1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.

O cable é un dos medios de conexion utilizado nas redes para transmitr datos. Existen diferentes tipos de cable :
-Cableado coaxial : Esta formado por un fío condutor central , protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre . É similar ao que se usa para a antena de televisión , aínda que actualmente este en desuso.
-Cableado de par trenzado : Está constituído por catro pares de fíos . Cada par está entrelazado para diminuír a interferencia eléctrica e evitar que se axuste o sinal entre os pares.












 Dentro dese cableado distínguense os seguintes tipos :
. UTP : É un cable non apantallado . É de baixo custo perp sensible a interferencias , polo que produce mais erros que outros cables.
. STP : É un cable apantallado , é dicir , ten unha malla metálica ao redor do cable que o protexe das interferencias electromagnéticas.
. FTP : É un cable apantallado con blindaxe global que posúe unha pantalla condutora en forma trenzada . Mellora a protección fronte ás interferencia con respecto ás anteriores.
Existen diversas categorias de cables , dependendo da súa velocidade de transmision . As que estan en uso son : categoria 5 (100 Mbps ) , categoria 6 ( 1 Gbps ) , categoria 7 ( 10 Gbps ) e categoria 8 , que esta en fase de desenvolvemento . O cableado de par trenzado utiliza conectores RJ-45












 -Cable de fibra óptica : É unha fibra moi fina de material transparente, vidro  ou material plástico , pola que se anvia un feixe de luz. Estes cables constan dun grupo de fibras opticas protexidas con hiladuras de aramida para facelos resistentes á traccion , ademas de estar protexido por varios revestimentos . Os conectores máis utilizados na fibra óptica para redes de área local son ST , LC , FC e SC.













xoves, 3 de decembro de 2015

ACTIVIDADE 7

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7.Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes: 

Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á figura 27 da páxina 44 do libro.


Un disco duro é un dispositivo magnético utilizado para almacenar gran cantidade de información . Componse de varios pratos , apilados nun mesmo eixo que vira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica selada . Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura-escritura que len e escriben nas dúas caras de cada disco .
Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos , os discos duros poden ser de varios tipos : IDE , SCSI , SATA , SAS , etc. O seu tamaño aumentou vertixinosamente , pasando do primeiro disco duro de 5MB , que pesaba unha tonelada , aos discos duros actuais de varios TB cun tamaño algo maior que un teléfono móbil.
  • Estructura dun disco magnético
Nun disco magnético diferéncianse :
- Caras : superficies superior e inferior de cada disco
- Pistas : círculos concéntricos en que se divide cada cara do disco
- Sectores : divisións que se fan en cada pista
- Cilindros : conxunto de pistas que están aliñadas verticalmente en todas as caras. Este concepto utilízase nos discos duros , posto que neles hai varios pratos con pistas en ambas as caras.






Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria).


A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non non necesita corrente para manter gardados os datos . Funciona mediante impulsos electrónicos e alcanza velocidades de funcionamento moi superior a outros dispositivos , porque permite ler e escribir datos de forma simultánea .
Converteuse nun soporte de uso habitual para almacenar e transportar información xa que , entre as súas características destacan a súa gran capacidade , as súas pequenas dimensións , o seu prezo alcanzable , a súa gran resistencia , a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e a súa facilidade de emprego . Iso si , a vida dunha memoria flash non é indefinida : cífranse entre cen mil e un millón as veces que se pode gravar información nela.
  • Os tipos de memorias flash máis empregadas son :
- Memorias USB : Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash . Conéctanse ao computador a través do porto USB en quente , é dicir , aínda que estea aceso . Xeralmente , non hai que instalar ningún sofware nin driver para utilizalas ,l xa que o sistema operativo recoñéceas habitualmente.



- Cartóns de memoria : Son soportes de almacenamento utilizados habitualmente en cámaras dixitais e móbiles , polo que adoitan conectar ao computador a través dun lector de cartóns de memoria para transferir a súa información . Existen multitude de tipos e formatos , en función do fabricante ; algúns dos máis comúns son SD , MiniSD , MicroSD , NanoSD , Compact Flash , Memory Stick , xD , MMC , etc.


Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede.


Unha unidade de estado sólido ou SSD ( Solid State Drive ) é un dispositivo de almacenamento secundario de gran capacidade e alta velocidade . Ten o mesmo uso que os discos duros , pero non está formado por discos mecánicos , senón por memorias de circuítos integrados para almacenar a información , utilizando tecnoloxías como a memoria flash , memoria SDRAM , etc. Ao non ter pezas móbiles , a unidade de estado sólido reduce drasticamente o tempo de procura e latencia , polo que se converteu nunha alternativa moito máis rápida que os discos duros .
As SSD fan uso da mesma interface que os discos duros e , por tanto , son fácilmente intercambiables sen ter que recorrer a adaptadores ou cartóns de expansión para compatibilizalas co equipo .
Ao ser inmunes ás vibracións externas , son especialmente aptas para vehículos , computadores e outros dispositivos móbiles.