venres, 9 de outubro de 2015

Tema 1 Sociedade do coñecemento - evolucion do ordenador

Actividade 2

Táboa en formato libre que incluia todos os conceptos da táboa 1 da páxina 13 do libro e unha imaxe de cada un deles. Os textos deben ser o do libro (non é necesario engadir nada).

venres, 2 de outubro de 2015

Tema 1 Sociedade do coñecemento

Actividade 1

Crea unha táboa de 5x2. Na columna da esquerda irán os textos correspondentes os conceptos indicados mais abaixo (aprox 12 liñas en tamaño de letra 12). Na columna da dereita irán imaxes relacionadas descargadas de Internet nun tamaño proporcionado ó texto (o mesmo tamaño para todas as imaxes). Os conceptos (están definidos na pax 11 do libro e se trata de engadir información ata completar as 12 liñas necesarias) son os seguintes:
  •     Sociedade de información. 
  •     Sociedade do coñecemento.
  •     Brecha dixital.
  •     Alfabetización dixital.
  •     Adición as novas tecnoloxías.

xoves, 24 de setembro de 2015

A miña música preferida

Meu grupo favorito é Vetusta Morla , canta en español e é unha banda indie rock , publicaron o seu primeiro álbum en 2008 " Un día en el mundo " , na miña opinión é un dos mellores , aínda así non supera ó terceiro , " La deriva " .
Os seus compoñentes son :
  • Pucho, Juan Pedro Martí (voz)
  • David García el Indio (batería e coros)
  • Álvaro B. Baglietto (bajo)
  • Jorge González (percusións e programacións )
  • Guillermo Galván (guitarras, teclados e coros)
  • Juan Manuel Latorre (guitarras e teclados)
A banda debe o seu nome ó personaxe Morla da historia interminable, a tortuga anciá xigante, xa que "vetusta" en castelán antiguo significa vella , anciana.
É un grupo bastante famoso que vai de xira por todo o mundo , o 2 de Octubro van dar un concerto en Santiago , e grazas a deus vou poder asistir cunha amiga , vai ser fantástico!
Aqui vos deixo un par de enlaces das miñas canción preferidas :

" Fiesta Mayor " : https://www.youtube.com/watch?v=smVeEm11dng
" Un día en el mundo " : https://www.youtube.com/watch?v=gdTmhL1qm3g
" Golpe maestro " : https://www.youtube.com/watch?v=l-RlhNUabZY 
" Copenhague " : https://www.youtube.com/watch?v=RKm2UZwxe_g